Adaptación do cálculo dos pagos fraccionados no método de estimación obxectiva / módulos do IRPF e o ingreso a conta do réxime simplificado do IVE, en proporción ao período de alarma

Non computarán, en cada trimestre natural do exercicio 2020, como días de exercicio da actividade, os días naturais nos que estivese declarado o estado de alarma no devandito trimestre para:

 

– Os contribuíntes do IRPF que desenvolvan actividades económicas incluídas no anexo II da Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro, (2) e determinen o rendemento destas polo método de estimación obxectiva, para o cálculo do pago fraccionado en función dos datos-base.
– Os suxeitos pasivos de IVE que desenvolvan actividades empresariais ou profesionais incluídas no citado anexo II e estean acollidos ao réxime especial simplificado de IVE, para o cálculo do ingreso a conta no ano 2020.

 

Información adicional:

https://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio/La_Agencia_Tributaria/Campanas/_Campanas_/Medidas_Tributarias_COVID_19/Avisos_importantes/Medidas_fiscales_introducidas_por_el_Real_Decreto_ley_15_2020__de_21_de_abril.shtml

 

Art.11 do RDL 15/2020
https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/04/21/15