Campaña de comercio:  “Comercio de Ames. Témolo todo!”

A campaña busca fomentar o comercio de proximidade, resaltando a variedade e calidade dos produtos que se venden en Ames a través do pequeno e mediano comercio e no que calquera produto pode ser mercado no noso concello.

Esta campaña comezou a comezos do pasado mes de marzo, pero debido ao estado de alarma declarado pola crise sanitaria da Covid-19 houbo que suspendela. Agora retómase co reparto de 6.000 bolsas co lema da campaña entre os establecementos comerciais do municipio e a colocación de carteis nos minipuntos limpos que están situados nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro.

A través de dita iniciativa preténdese que a veciñanza de Ames merque nos establecementos comercias do municipio.

 

https://www.concellodeames.gal/gl/novas/o-concello-de-ames-lanza-campana-comercio-de-ames-temolo-todo-0