Campaña de dinamización cultural e comercial: Programa AmesON

O Concello de Ames márcase o obxectivo de levar ás rúas do concello numerosas actividades culturais e comerciais. Concretamente, desde o Concello apóstase, decididamente, por levar a numerosos puntos das rúas do Milladoiro e Bertamiráns, a activación económica evitando concentrar os eventos en puntos concretos para cumprir cos requisitos de distanciamento necesarios. Así, as actividades de pequeno formato serán as que primen ao longo do vindeiro trimestre. AmesON é unha axuda directa á dinamización das rúas de Ames e que beneficien aos comercios e hostalaría que ao longo destes meses estivo pechada. As máis de 60 actividades programadas de música, teatro, cine, conciliación e deporte levarán a diferentes puntos a súa dinamización.

Ase mesmo, desde o Concello trabállase xa na programación do último trimestre do ano e á espera do desenvolvemento da pandemia, de cara a seguir potenciando a actividade comercial e cultural no noso concello. Eventos como o Outlet, Innovames ou o Autocine, son algúns dos que se están pechando na actualidade.

Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilarán polo AmesON son veciños e veciñas de Ames.

O investimento será próximo aos 100.000 euros e o obxectivo será dinamizar os sectores culturais e comerciais de Ames.

https://www.concellodeames.gal/gl/novas/nace-o-ameson-con-mais-de-60-actividades-nas-ruas-de-ames-para-o-vindeiro-trimestre