Incapacidade temporal de traballadores

Ao obxecto de protexer a saúde pública, considerarase, con carácter excepcional, situación asimilada a accidente de traballo, exclusivamente para a prestación económica de incapacidade temporal do sistema de Seguridade Social, os períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocados pola COVID-19, salvo que se probe que o contaxio da enfermidade se contraeu con causa exclusiva na realización do traballo nos termos que sinala o artigo 156 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro. Nese caso será cualificada como accidente de traballo.

En ambos os casos a duración desta prestación excepcional virá determinada polo parte de baixa por illamento e a correspondente alta.

Poderá causar dereito a esta prestación a persoa traballadora por conta propia ou allea que se atope na data do feito causante en situación de alta en calquera dos réximes de Seguridade Social.

A data do feito causante será a data na que se acorde o illamento ou enfermidade do traballador, sen prexuízo de que o parte de baixa se expida con posterioridade a esa data.

 

Información adicional:

 

Decreto/normativa: