Novo calendario fiscal cun paquete de medidas tributarias para paliar a crise da COVID-19

A veciñanza amesá xa pode acceder ao novo Calendario fiscal do Concello de Ames, onde se recollen as datas de cargo dos recibos domiciliados, o período voluntario de pago dos recibos non domiciliados e as datas de cargo do recibo domiciliado do IBI, mediante o sistema de fraccionamento en dous prazos.

 

En liñas xerais, amplíase os prazos de pago voluntario e se flexibilizan e facilitan os trámites para as concesións de aprazamentos e fraccionamentos dos impostos e taxas.

 

O calendario fiscal recolle as medidas tributarias que se foron tomando atendendo á situación excepcional provocada pola crise da Covid-19, polo que podería sufrir modificacións atendendo a esa excepcionalidade, coa fin de adaptarse a novas necesidades que vaian xurdindo.

 

https://www.concellodeames.gal/gl/novas/concelleria-de-economia-e-facenda-lanza-un-calendario-fiscal-cun-paquete-de-medidas