Os contribuíntes do IRPF que determinen o seu rendemento neto de actividades económicas segundo o método de estimación obxectiva, e no prazo para a presentación do pagamento fraccionado correspondente ao primeiro trimestre do 2020 (prazo que se ampliou ata o 20 de maio), renuncien á súa aplicación, poderán volver determinar o rendemento segundo o método de estimación obxectiva no exercicio 2021, sempre que cumpran os requirimentos para a súa aplicación e revoguen a renuncia ao método de estimación obxectiva no prazo regulamentario (art. 33.1. do Regulamento do IRPF).
Esta renuncia e a posterior revogación desta terán os mesmos efectos nos réximes especiais do IVE.
Información adicional:
Art.10 do RDL 15/2020
https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/04/21/15